Vostede está aquí

Axuda

Requirimentos técnicos

Para o correcto funcionamento da sede, debes ter en conta o seguinte:

  • Sistemas operativos
    • ​Microsoft Windows 7 ou superior
    • Linux
  • Navegadores soportados:
    • Navegador Internet Explorer 11 ou superior 
    • Navegador Mozilla Firefox 41.0.1 ou superior
    • Navegador Google Chrome 46 ou superior
  • Autofirma:
    • Debes ter instalado o aplicativo Autofirma, dispoñible na ligazón http://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html.
    • Autofirma debe ser instalado por un administrador, atendendo ás instruccións indicadas na documentación incluída na descarga.
  • Visualizador de PDF
    • Podes utilizar Acrobat Reader 4 ou superior para a visualización de documentos PDF. Acrobat Reader pode ser descargado na ligazón http://get.adobe.com/es/reader/.  

Lista de sistemas de sinatura electrónica admitidos

Esta sede utiliza, para a validación de certificados, a plataforma @firma do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas. Esta admite certificados dixitais recoñecidos conforme ol estándar ITU-T X.509 v3, emitidos por múltiples prestadores de servizos de certificación. Todos os prestadores encóntranse inscritos no rexistro de autoridades da Secretaria de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, conforme ao establecido no artigo 30 da Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de sinatura electrónica.

Pódese encontrar ampla información no documento Declaración de Prácticas de Certificación de @firma, a través do servizo de soporte de @firma ou na páxina web http://www.dnielectronico.es/seccion_aapp/rel_autoridades.html.

Recorda que o certificado utilizado non será admitido se está caducado.

Relación de selos electrónicos utilizados

Esta sede utiliza, para a firma de documentos automatizada, un único selo electrónico emitido por Camerfirma, válido ata o 13 de setembro de 2020. Para a validación do selo electrónico pódese utilizar a aplicación gratuita VALIDe.

Arquivos admitidos na sede

Os arquivos admitidos como documentos adxuntos en calquera dos procedementos habilitados na sede electrónica deberán cumplir:

  • Tamaño: Non poderá superar os 10 MB por arquivo.
  • Tipo: Os tipos de arquivo admitidos son: pdf doc docx odt xls xlsx ods jpg png zip.

Así mesmo, non se poderán engadir máis de 10 arquivos en cada envío.

Información relacionada coa protección de datos de carácter persoal

De conformidade co disposto no art. 5.1 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, infórmase que os datos recollidos nos diferentes trámites formarán parte dun ficheiro automatizado, propiedade do Consello de Contas, cuxa finalidade é a xestión dos escritos recibidos ou remitidos polo Rexistro do Consello de Contas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Poderás exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición ante o responsable do ficheiro mediante carta dirixida ao Consello de Contas de Galicia.