FIS0101 Comunicacions e denuncias

Obxecto: 

Poderanse presentar denuncias sobre a existencia de irregularidades na xestión económico-financeira e contable de calquera das entidades que integran o sector público da Comunidade Autónoma de Galicia citadas no artigo 2 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia.

Destinatarios

Calquera persoa física ou xurídica.

Institución de tramitación

Consello de Contas de Galicia. Departamento competente por razón da materia afectada.

Prazo para resolver

Tres meses.

Efectos do silencio: caducidade do procedemento.

Recursos contra a resolución expresa ou tácita: non recorrible.

Prazos: 
Aberto permanentemente
Documentación:

Documentación xustificativa e evidencias materiais e formais dos feitos denunciados.

Se o interesado non utiliza a presentación telemática, poderá descargar este formulario e acudir ao rexistro do Consello de Contas, en Domingo Fontán 7, Santiago de Compostela.

Normativa:
  • Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas.
  • Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia.
  • Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos.
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Lei 59/2003, do 19 de decembro, de Sinatura Electrónica.

Protección de datos de carácter persoal:

De conformidade co disposto no artigo 5.1 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, infórmase que os datos persoais do denunciante incorporaranse ao ficheiro do Consello de Contas de Galicia denominado “Comunicacións e denuncias” e serán tratados coa finalidade da xestión e tramitación das denuncias e comunicacións. A persoa interesada poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante o responsable do devandito ficheiro: Secretaría Xeral do Consello de Contas, en Domingo Fontán 7, Santiago de Compostela.