FIS0201-Remisión de contratos das entidades da Comunidade Autónoma non integradas no sector público local

Obxecto: 

A remisión ao Consello de Contas de Galicia dunha copia certificada do documento no que se formalice o contrato, acompañada dun extracto do expediente do que se derive, sempre que a contía do contrato exceda de 600.000 euros nos casos de obras, concesións de obras públicas, xestión de servizos públicos e contratos de colaboración entre o sector público e o sector privado; de 450.000 euros tratándose de subministracións; e de 150.000 euros nos de servizos e nos contratos administrativos especiais.

Igualmente, comunicaranse as modificacións, prórrogas ou variacións de prazos, as variacións de prezo e o importe final, a nulidade e a extinción normal ou anormal dos contratos indicados.

Tramitación:

Consello de Contas de Galicia. Área de Conta Xeral.

Suxeitos obrigados:

A Administración xeral da Comunidade Autónoma, e as demais entidades, entes ou organismos autonómicos que de acordo co disposto no artigo 3 da Lei 9/2017 de contratos do sector público teñan a consideración de administración pública ou poder adxudicador, incluídas as Universidades públicas e as corporacións as que se refire o número 29 do art. 27 do Estatuto de autonomía de Galicia.

Prazo de presentación: 

Dentro dos tres meses seguintes á formalización do contrato.

Modo de presentación:

Presentación no servizo habilitado na sede electrónica: Formulario.

Prazos: 
Dentro dos tres meses seguintes á formalización do contrato
Documentación:
  • Copia certificada do documento no que se tivera formalizado o contrato inicial ou as súas modificacións.
  • Documentación xustificativa da natureza e extensión das necesidades a atender.
  • Prego de cláusulas administrativas particulares ou documento que o substitúa.
  • Proposta de adxudicación e informe de valoración de ofertas, que, no seu caso, se emitira.
  • Extracto do expediente (segundo o modelo "Contrato inicial.pdf").
  • Comunicación ao Consello de Contas das circunstancias posteriores á formalización do contrato (segundo o modelo "Contrato modif.pdf").
Normativa:
  • Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (art. 335).

Protección de datos de carácter persoal:

De conformidade co disposto no artigo 5.1 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, infórmase que os datos persoais das persoas físicas afectadas no seu caso polas fiscalizacións incorporaranse ao ficheiro do Consello de Contas de Galicia denominado “Fiscalización” e serán tratados coa finalidade da xestión do exercicio da función de fiscalización. A persoa interesada poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante o responsable de devandito ficheiro: Secretaría Xeral do Consello de Contas, en Domingo Fontán 7, Santiago de Compostela.