FIS0301 Remisión de convenios das administracións da Comunidade Autónoma distintas das entidades locais

Obxecto: 

A remisión ao Consello de Contas de Galicia dunha copia certificada do documento no que se formalice o convenio, acompañada da memoria xustificativa, sempre que os compromisos económicos asumidos superen os 600.000 euros.

Igualmente comunicaranse as modificacións, prórrogas ou variacións de prazos, as variacións de prezo ou dos importes dos compromisos económicos e a extinción dos convenios indicados.

Tramitación:

Consello de Contas de Galicia. Área de Conta Xeral

Suxeitos obrigados:

A Administración xeral da Comunidade Autónoma, os organismos e entidades de dereito público vinculadas ou dependentes e as universidades públicas.

Modo de presentación:

Presentación no servizo habilitado na sede electrónica: Formulario.

Prazos: 
Dentro dos tres meses seguintes á formalización do convenio (art. 53.1 da LRXSP).
Documentación:
  • Copia certificada do documento no que se formalizou o convenio e, de ser o caso, as modificacións posteriores.
  • Memoria xustificativa do convenio.
  • Datos básicos do convenio (segundo o modelo "Convenio inicial.pdf")
  • Comunicación ao Consello de Contas das incidencias posteriores á formalización do convenio (segundo o modelo "Convenio modif.pdf")
Normativa:
  • Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (artigo 53).​
  • Lei 6/1985, do 24 de xuño do Consello de Contas (artigos 2 e 23).

Protección de datos de carácter persoal:

De conformidade co disposto no artigo 5.1 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, infórmase que os datos persoais das persoas físicas afectadas no seu caso polas fiscalizacións incorporaranse ao ficheiro do Consello de Contas de Galicia denominado “Fiscalización” e serán tratados coa finalidade da xestión do exercicio da función de fiscalización. A persoa interesada poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante