FIS0501 Remisión de documentación de fiscalizacións da Área de Conta Xeral

Obxecto: 

Remisión de documentación polas entidades e persoas a que se refire o artigo 2 da Lei 6/1985, do Consello de Contas, en cumprimento do deber de subministrar no curso das fiscalizacións cantos datos, estados, documentos, antecedentes ou informes lles solicite o Consello de Contas.

Destinatarios:

Toda entidade pública obxecto de fiscalización e toda persoa física ou xurídica, pública ou privada, que reciba requirimento do Consello de toda clase de datos, informes ou antecedentes deducidos das súas relacións económicas, profesionais ou financeiras con outras persoas que sexan necesarios para o exercicio das funcións de fiscalización.

Institución de tramitación:

Consello de Contas de Galicia. Área de Conta Xeral.

Prazos: 
Con carácter xeral, tódalas peticións de documentación ou información que deban remitirse á sede do Consello serán contestadas no prazo máximo de dez días hábiles.
Documentación:

Para a remisión da documentación solicitada no curso dunha fiscalización incluirase o código do expediente de fiscalización no campo ASUNTO.

Expediente 1612017-03 - INFORME DE SEGUIMENTO DAS RECOMENDACIÓNS INCLUÍDAS NO INFORME DE FISCALIZACIÓN DA CONTRATACIÓN DA COMUNIDADE AUTÓNOMA, EXERCICIOS 2010-2011

Modelo para descarga e cumprimentación (Poderase solicitar a cxeral@ccontasgalicia.es o documento en formato .odt se fose preciso)

Normativa:
  • Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas.
  • Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia.
  • Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos.
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Lei 59/2003, do 19 de decembro, de Sinatura Electrónica.

Protección de datos de carácter persoal:

De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos persoais dos interesados afectados serán tratados coa finalidade da xestión do exercicio da función de fiscalización. As persoas interesadas poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, portabilidade ou oposición, ante o responsable do tratamento, o Consello de Contas de Galicia, no enderezo rúa Domingo Fontán núm. 7, CP 15771 de Santiago de Compostela, ou no enderezo de correo electrónico dpd@ccontasgalicia.es.

Poderase ampliar a información en materia de protección de datos en exercicio de dereitos en protección de datos.