FIS0701 Remisión de documentación de fiscalizacións da Área de Institucional

Obxecto: 

Remisión de documentación polas entidades e persoas a que se refire o artigo 2 da Lei 6/1985, do Consello de Contas, en cumprimento do deber de subministrar no curso das fiscalizacións cantos datos, estados, documentos, antecedentes ou informes lles solicite o Consello de Contas.

Destinatarios:

Toda entidade pública obxecto de fiscalización e toda persoa física ou xurídica, pública ou privada, que reciba requirimento do Consello de toda clase de datos, informes ou antecedentes deducidos das súas relacións económicas, profesionais ou financeiras con outras persoas que sexan necesarios para o exercicio das funcións de fiscalización.

Institución de tramitación:

Consello de Contas de Galicia. Área de Institucional.

Prazos: 
Con carácter xeral, tódalas peticións de documentación ou información que deban remitirse á sede do Consello serán contestadas no prazo máximo de dez días hábiles.
Documentación:

Para a remisión da documentación solicitada no curso dunha fiscalización incluirase o código do expediente de fiscalización no campo ASUNTO.

Expediente 153_1632016-03 Fiscalización selectiva das fundacións do sector público autonómico correspondente ao exercicio 2015

Expediente 138_1632017-00.  Avaliación da transparencia na actividade contractual das entidades instrumentais correspondente ao exercicio 2015

Modelos para descarga e cumprimentación:

Normativa:
  • Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas.
  • Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia.
  • Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos.
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Lei 59/2003, do 19 de decembro, de Sinatura Electrónica.

Protección de datos de carácter persoal:

De conformidade co disposto no artigo 5.1 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, infórmase que os datos persoais das persoas físicas afectadas no seu caso polas fiscalizacións incorporaranse ao ficheiro do Consello de Contas de Galicia denominado “Fiscalización” e serán tratados coa finalidade da xestión do exercicio da función de fiscalización. A persoa interesada poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante o responsable de devandito ficheiro: Secretaría Xeral do Consello de Contas, en Domingo Fontán 7, Santiago de Compostela.