FIS0702 -Remisión de contas anuais por parte das entidades non integradas na Conta Xeral da Comunidade Autónoma

Obxecto: 

Remisión de contas anuais por parte das entidades de carácter autonómico que non integran os seus estados contables na Conta Xeral da Comunidade Autónoma nin nas Contas Xerais das Entidades Locais.

Tramitación:

Consello de Contas de Galicia. Área de Institucional.

Suxeitos obrigados:

Todas as entidades sometidas a obriga de rendición de contas ao Consello de Contas que non inclúan as súas contas na Conta Xeral da Comunidade Autónoma e que non pertenzan ao sector público local. En particular, esta obriga afecta, entre outras, as Universidades e os seus entes dependentes e as confrarías de pescadores, cámaras de comercio e demais corporacións de dereito público. 

Prazo de presentación:

Os que determinen as disposición que sexan de aplicación ou, de non existir regulación legal expresa, antes do 30 de xullo do exercicio seguinte ao de execución (artigo 41 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas).

Modo de presentación:

Presentación telemática na sede electrónica.

Normativa:
  • Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas.
  • Regulamento de réxime interior do Consello de Contas de Galicia.

Protección de datos de carácter persoal:

De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos persoais dos interesados afectados serán tratados coa finalidade da xestión do exercicio da función de fiscalización. As persoas interesadas poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, portabilidade ou oposición, ante o responsable do tratamento, o Consello de Contas de Galicia, no enderezo rúa Domingo Fontán núm. 7, CP 15771 de Santiago de Compostela, ou no enderezo de correo electrónico dpd@ccontasgalicia.es.

Poderase ampliar a información en materia de protección de datos en exercicio de dereitos en protección de datos.