FIS0901 Remisión de plans e informes de auditoría e de control financeiro da Área de Conta Xeral

Obxecto: 

Remisión ao Consello de Contas dos plans e dos informes de auditoría e de control financeiro das revisións practicadas polos servizos competentes da Administración autonómica ou baixo a dirección desta.

Competencia para a tramitación:

Consello de Contas de Galicia. Área de Conta Xeral.

Suxeitos obrigados:

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Prazo de presentación:

Plans de auditoría e de control financeiro: 10 días desde a súa aprobación (prazo xenérico de remisión de información ao Consello; artigo 40 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas de Galicia).

Informes de auditoría e de control financeiro: prazo de 30 días desde a súa elevación a definitivos (art. 30 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas de Galicia).

Normativa:
  • Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas.
  • Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia.
  • Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos.
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
  • Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Lei 59/2003, do 19 de decembro, de Sinatura Electrónica.
  • Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Protección de datos de carácter persoal:

De conformidade co disposto no artigo 5.1 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, infórmase que os datos persoais das persoas físicas afectadas no seu caso polas fiscalizacións incorporaranse ao ficheiro do Consello de Contas de Galicia denominado “Fiscalización” e serán tratados coa finalidade da xestión do exercicio da función de fiscalización. A persoa interesada poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante o responsable de devandito ficheiro: Secretaría Xeral do Consello de Contas, en Domingo Fontán 7, Santiago de Compostela.