Instrución relativa á remisión telemática dos extractos dos expedientes de contratación e das relacións anuais dos contratos celebrados polas entidades e entes do sector público local

Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 5 de outubro de 2018 pola que se dá publicidade do Acordo do Pleno do 2 de outubro, polo que se aproba a Instrución relativa á remisión telemática dos extractos dos expedientes de contratación e das relacións anuais dos contratos celebrados polas entidades e entes do sector público local de Galicia ao abeiro da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público. 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181016/AnuncioO10-081018-0001_gl.html

Como consecuencia das modificacións introducidas pola Lei de contratos do sector público en relación coa obriga de remisión de información contractual por parte das entidades locais aos órganos de control externo, o Pleno do Consello de Contas aprobou o pasado dous de outubro unha nova instrución, que substitúe á do ano 2016, para adaptarse ás esixencias previstas no artigo 335 da nova Lei de contratos do sector público.