PCO0501 Remisión de información nas avaliacións e seguimento dos sistemas de prevención da corrupción. Área de Corporacións Locais.

Obxecto: 

Remisión de información polas entidades a que se refire o artigo 2.1 da Lei 6/1985, do Consello de Contas, en cumprimento do deber de subministrar cantos datos, estados, documentos, antecedentes ou informes lles solicite o Consello de Contas no exercicio das competencias de prevención da corrupción establecidas no artigo 5 bis da dita Lei.

Competencia para a tramitación:

Consello de Contas de Galicia. Área de Corporacións Locais.

Suxeitos obrigados:

Toda entidade pública e toda persoa física ou xurídica, pública ou privada, que reciba requirimento do Consello de toda clase de datos, informes ou antecedentes deducidos das súas relacións económicas, profesionais ou financeiras con outras persoas que sexan necesarios para o exercicio das funcións de prevención da corrupción.

Prazos: 
Con carácter xeral, tódalas peticións de documentación ou información que deban remitirse á sede do Consello serán contestadas no prazo máximo de dez días.
Documentación:

Para a remisión da documentación  incluirase o código do expediente no campo ASUNTO.

Expediente 1622017-07 - Diagnóstico sobre a implantación de sistemas de control interno e de xestión de riscos nas entidades locais con tramo de poboación de 10.001 a 20.000 habitantes.

Normativa:
  • Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas.
  • Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia.
  • Lei 11/2017, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime xurídico do sector público
  • Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Lei 59/2003, do 19 de decembro, de Sinatura Electrónica.

Protección de datos de carácter persoal

De conformidade co disposto no artigo 5.1 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, infórmase que os datos persoais das persoas físicas afectadas no seu caso polas fiscalizacións incorporaranse ao ficheiro do Consello de Contas de Galicia denominado “Fiscalización” e serán tratados coa finalidade da xestión do exercicio da función de prevención da corrupción. A persoa interesada poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante o responsable de devandito ficheiro: Secretaría Xeral do Consello de Contas, en Domingo Fontán 7, Santiago de Compostela.