Vostede está aquí

Política de sinatura

Na Resolución do 8 de xaneiro de 2019 dáse publicidade ao Acordo do Pleno do Consello de Contas de Galicia do 20 de decembro de 2018 polo que se aproba a política de sinatura electrónica e de certificados na que se adoptou a política de sinatura electrónica e de certificados da Administración xeral do Estado (OID 2.16.724.1.3.1.1.2.1.9).

Con carácter xeral, unha política de sinatura electrónica é un documento legal que contén unha serie de normas relativas á sinatura electrónica, organizadas ao redor dos conceptos de xeración e validación de sinatura, nun contexto particular (contractual, xurídico, legal), e define as regras e obrigas de todos os actores involucrados no proceso. O obxectivo é determinar a validez da sinatura electrónica para unha transacción en particular, especificando a información que debe incluír a persoa asinante no proceso de xeración da sinatura e a información que se debe comprobar no proceso da súa validación.

Política de sinatura e certificados da Administración Xeral do Estado

Resolución do 8 de xaneiro de 2019 pola que se aproba a Política de sinatura e certificados do Consello de Contas