Remisión de acordos contrarios aos reparos formulados polos interventores das entidades locais

Obxecto: 

O artigo 218.3 do Texto refundido da Lei de facendas locais, establece que o órgano Interventor remitirá anualmente ao Tribunal de Contas ou órgano externo de fiscalización da comunidade autónoma todas as resolucións e acordos adoptados polo Presidente da entidade local e polo Pleno da Corporación contrarios aos reparos formulados, así como un resumo das principais anomalías detectadas en materia de ingresos. Ä citada documentación deberá acompañar, no seu caso, os informes xustificativos presentados pola Corporación Local.

Destinatarios

Todas as entidades que integran o sector público local de Galicia

Prazos: 
Con anterioridade ao 30 de abril do exercicio seguinte ao que se refiran
Normativa:
  • Artigo 218.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais
  • Resolución do 10 de xullo de 2015, da Presidencia do Tribunal de Cuentas, pola que se publica o Acordo do Pleno do 30 de xuño de 2015, polo que se aproba a Instrución que regula a remisión telemática de información sobre acordos e resolucións das entidades locais contrarios a reparos formulados por interventores locais e anomalías detectadas en materia de ingresos, así como sobre acordos adoptados con omisión do trámite de fiscalización previa.
  • Resolución do 1 de febreiro de 2016 do Consello de Contas de Galicia pola que se ordena a publicación do Acordo do Pleno do 27 de xaneiro de 2016 polo que se aproba a instrución relativa ao artigo 218.3 do texto refundido da Lei de facendas locais, en relación coa información sobre acordos e resolucións das entidades locais contrarios a reparos formulados por interventores locais e anomalías detectadas en materia de ingresos, así como sobre acordos adoptados con omisión do trámite de fiscalización previa.