Remisión de contratos de entidades locais

Obxecto: 

O artigo 335 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público regula o deber de remisión de información sobre os contratos, para o exercicio da función fiscalizadora, ao Tribunal de Contas ou Órgano de fiscalización correspondente da Comunidade Autónoma ( OCEX).

Será obxecto de remisión ao Consello de Contas a seguinte información:

  • Copia certificada do documento de formalización do contrato así como extracto do expediente do que se derive, sempre que o prezo de adxudicación do contrato (ou en caso de acordos marco, o valor estimado) exceda de 600.000 euros, tratándose de obras, concesións de obras, concesións de servizos e acordos marco; de 450.000 euros, tratándose de subministracións; e de 150.000 euros, tratándose de servizos e de contratos administrativos especiais.
  • Copia certificada do documento de formalización do contrato así como extracto do expediente do que se derive, para o caso de contratos baseados nun acordo marco e de contratos específicos celebrados no marco dun sistema dinámico de adquisición, sempre que o prezo de adxudicación do contrato exceda segundo a súa natureza das contías sinaladas no parágrafo anterior.
  • Relación certificada do resto de contratos celebrados, incluídos os contratos menores, salvo aqueles cuxo importe sexa inferior a 5.000 euros e se satisfagan a través do sistema de anticipo de caixa fixa ou similar para realizar pagos menores, consignándose a identidade do adxudicatario, o obxecto do contrato e a súa contía.
  • As modificacións, prórrogas ou variacións de prazos, as variacións de prezo e o importe final, a nulidade e a extinción normal ou anormal dos contratos indicados.
  • No caso de que non se celebraran contratos durante o exercicio, farase constar dita circunstancia mediante unha certificación negativa.

A Lei 7/1988, do 5 de abril, de funcionamento do Tribunal de Cuentas (LFTCu), dispón, no seu artigo 39, que están suxeitos a fiscalización os contratos celebrados pola Administración do Estado e demais entidades do Sector público, sinalando o artigo 40.2 da mesma que as entidades que houberen celebrado contratos dos indicados no seu artigo 39 deberán enviar anualmente ao Tribunal unha relación dos mesmos, incluíndo copalización do contrato, unha copia certificada do documento mediante o que se formalizou o mesmo, acompañada dun extracto do expediente do que se derive, sempre que a contía supere determinados importes segundo o tipo de contrato.ia autorizada dos respectivos documentos de formalización e daqueles que acrediten o seu cumprimento ou extinción, sen prexuízo de achegar calquera outros que o Tribunal de Contas requirise.

Destinatarios:

Todas as entidades e entes que integran o sector público local de Galicia

Prazo:  

  • Dentro dos tres meses seguintes á formalización do contrato, no caso da remisión de contratos, ou á data en que teñan lugar as modificacións, prórrogas ou variacións de prazos, as variacións de prezo e o importe final, a nulidade e a extinción normal ou anormal dos contratos..
  • Antes de que conclúa o mes de febreiro do exercicio seguinte ao que se refiran, para o caso da relación certificada do resto de contratos celebrados, incluídos os contratos menores, salvo aqueles cuxo importe sexa inferior a 5.000 euros e se satisfagan a través do sistema de anticipo de caixa fixa ou similar para realizar pagos menores, consignándose a identidade do adxudicatario, o obxecto do contrato e a súa contía. 
Documentación:

Este ano 2018 a remisión de contratos ten como novidade a inclusión da información sobre a contratación menor nos termos do artigo 335 da LCSP.

Para intentar minimizar as dificultades que conleva cumprir con esa obriga, os órganos de control externo temos desenvolvido unha plantilla Excel que facilita a incorporación dos datos da información dos contratos (incluídos os menores) e permite transformalos posteriormente en formato  XML para a súa inclusión na relación anual, elaborando ademais unha breve guía de axuda para a súa utilización.

Normativa:
  • Artigo 335 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
  • Resolución do 3 de xullo de 2018, da Presidencia do Tribunal de Cuentas, pola que se publica o Acordo do Pleno do 28 de xuño de 2018, polo que se aproba a instrución relativa á remisión telemática ao Tribunal de Cuentas dos extractos dos expedientes de contratación e das relacións anuais dos contratos celebrados polas entidades e entes do Sector público local ao amparo da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
  • Resolución do 5 de outubro de 2018 pola que se dá publicidade do Acordo do Pleno do 2 de outubro, polo que se aproba a Instrución relativa á remisión telemática dos extractos dos expedientes de contratación e das relacións anuais dos contratos celebrados polas entidades e entes do sector público local de Galicia ao abeiro da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.