Remisión de convenios de entidades locais

Obxecto: 

A Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, inclúe no Capítulo VI do seu Título Preliminar (artigos 47 ao 53), unha regulación pormenorizada dos convenios, abordando a súa definición, a tipoloxía, os requisitos de validez, o contido mínimo de que deben dispor, a duración, a extinción e os efectos da resolución.

Esta Lei establece expresamente a obriga das entidades do Sector público de remitir electrónicamente ao Tribunal de Cuentas ou órgano externo de fiscalización da comunidade autónoma (OCEX), segundo corresponda, aqueles convenios cuxos compromisos económicos asumidos superen os 600.000 euros, así como a de comunicar as modificacións, prórrogas ou variacións de prazos, alteración dos importes dos compromisos económicos asumidos e a extinción dos convenios indicados.

As previsións anteriormente indicadas entenderanse sen prexuízo das facultades do Tribunal de Cuentas ou, no seu caso, dos correspondentes OCEX, para reclamar cantos datos, documentos e antecedentes estime pertinentes con relación aos convenios de calquera natureza e contía.

Destinatarios

Todas as entidades que integran o sector público local de Galicia

Prazo  

  • Dentro dos tres meses seguintes á subscrición de calquera convenio cuxos compromisos económicos asumidos superen os 600.000 €.
  • Antes de que conclúa o mes de febreiro do exercicio seguinte ao que se refiran, no caso da relación certificada comprensiva dos convenios formalizados polas entidades locais e polas súas entidades dependentes.
Normativa:
  • Artigo 53 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
  • Resolución do 2 de decembro de 2016, da Presidencia do Tribunal de Cuentas, pola que se publica o Acordo do Pleno do 24 de novembro de 2016, polo que se aproba a instrución relativa á remisión telemática ao Tribunal de Cuentas de convenios e de relacións anuais dos celebrados polas entidades do sector público local .
  • Resolución do 21 de marzo de 2017 do Consello de Contas de Galicia pola que se ordena a publicación do Acordo do Pleno do 8 de febreiro de 2017 que aproba a instrución relativa á remisión telemática dos convenios e da relación anual daqueles formalizados polas entidades do sector público local de Galicia.