Rendición da Conta Xeral de entidades locais

Obxecto: 

Rendición da Conta Xeral das entidades locais á que se refire o artigo 223 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLRFL)

Destinatarios
Todas as entidades que integran o sector público local de Galicia

Prazos: 
Antes do 15 de outubro do exercicio seguinte ao que se refira a Conta Xeral
Normativa:
  • Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das facendas locais.
  • Orde HAP/1781/2013, do 20 de setembro, polo que se aproba a Instrución do modelo normal de contabilidade local.
  • Orde HAP/1782/2013, do 20 de setembro, polo que se aproba a Instrución do modelo simplificado de contabilidade local e se modifica a instrución do modelo básico de contabilidade local aprobada por Orde EHA/4040/2004, do 23 de novembro.
  • Orde EHA/4040/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do modelo básico de contabilidade local.
  • Resolución do 13 de novembro de 2015, da Intervención General de la Administración del Estado, pola que se recomenda un novo formato normalizado da Conta Xeral das Entidades Locais en soporte informático para a súa rendición.
  • Resolución do 2 de decembro de 2015, da Presidencia do Tribunal de Cuentas, pola que se publica o Acordo do Pleno do 26 de novembro de 2015, polo que se aproba a Instrución que regula a rendición telemática da Conta Xeral das Entidades Locais e o formato da devandita Conta, a partir da correspondente ao exercicio 2015.
  • Resolución do 1 de xuño de 2016 pola que se ordena a publicación do Acordo do Pleno do 31 de maio de 2016, polo que se aproba a Instrución que regula o formato normalizado da conta xeral das entidades locais de Galicia en soporte informático e o procedemento telemático para a súa rendición.