TRA0101 Dereito de acceso á información pública

Obxecto: 

De acordo coa Lei de transparencia e bo goberno, o exercicio do dereito de acceso á información pública concrétase no acceso aos contidos ou documentos que obren en poder do Consello de Contas como consecuencia do exercicio das súas funcións administrativas.

Destinatarios

Tódalas persoas físicas e xurídicas.

Institución de tramitación

Consello de Contas de Galicia. Secretaría Xeral.

Prazo de resolución

As resolucións adoptaranse e serán notificadas no prazo máximo dun mes desde a recepción da solicitude polo órgano competente para resolver, podendo ampliarse por outro mes cando o volume ou complexidade da información solicitada así o xustifique, informando desta circunstancia ao solicitante.

Transcorrido o prazo máximo para resolver sen terse notificada a resolución expresa, a solicitude de acceso entenderase desestimada.

Contra a resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Prazos: 
Aberto permanentemente
Documentación:

Se o interesado non utiliza a presentación telemática, poderá descargar este formulario e acudir ao rexistro do Consello de Contas, en Domingo Fontán 7, Santiago de Compostela.

Normativa:
  • Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
  • Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
  • Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos.
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Lei 59/2003, do 19 de decembro, de Sinatura Electrónica.
  • Lei 29/1998, do 13 de xullo reguladora da Xurisdición Contencioso-administrativa. 

Protección de datos de carácter persoal:

De conformidade co disposto no artigo 5.1 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, infórmase que os datos persoais do solicitante incorporaranse ao ficheiro do Consello de Contas de Galicia denominado “Rexistro” e serán tratados coa finalidade da xestión do exercicio do dereito de acceso á información pública. A persoa solicitante poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante o responsable do devandito ficheiro: Secretaría Xeral do Consello de Contas, en Domingo Fontán 7, Santiago de Compostela.