XEN0101 Presentación de solicitude xenérica

Obxecto: 

Presentación de solicitudes escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico establecido na normativa reguladora de cada procedemento nin cun modelo electrónico normalizado

Recepción de solicitudes:

Secretaría Xeral.

Tramitación e resolución:

Órgano do Consello de Contas competente por razón da materia.

Destinatarios:

Os suxeitos obrigados a relacionarse por medios electrónicos coas administracións públicas, de acordo co artigo 14 da Lei 39/2015, e as persoas físicas que non estando obrigadas a relacionarse electronicamente elixan empregar esta vía.

No caso de que algunha persoa interesada utilice o servizo para un obxecto distinto do descrito, o órgano competente destinatario poderá requirila para que emende a presentación realizada a través do modelo electrónico normalizado.

 

Modo de presentación:

  • Electrónica:Formulario
  • Presentación presencial no rexistro do Consello de Contas.
Prazos: 
Aberto permanentemente
Documentación:

Se o interesado non esta obrigado a relacionarse electronicamente, poderá descargar o formulario e presentalo no rexistro do Consello de Contas, en Domingo Fontán 7, Santiago de Compostela.

Normativa:
  • Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas
  • Regulamento de Réxime interios do Consello de Contas de Galicia
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
  • Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime xurídico do sector público
  • Lei 59/2003, do 19 de decembro, de sinatura electrónica

Protección de datos de carácter persoal:

De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais, o responsable do tratamento dos datos é o Consello de Contas de Galicia. Os datos serán tratados unicamente para a finalidade con que se realiza a presente solicitude. Os dereitos relativos á protección de datos persoais poderán exercerse ante o Consello de Contas de Galicia, rúa Domingo Fontán núm. 7, 15771 Santiago de Compostela, ou no enderezo de correo electrónico dpd@ccontasgalicia.es.

Poderase ampliar a información en materia de protección de datos en exercicio de dereitos en protección de datos.