Identificación e Titularidade

A sede electrónica do Consello de Contas crease e regúlase na Resolución do 28 de abril de 2014 pola que se fai público o acordo do Pleno do 22 de abril polo que se aproba a creación da sede electrónica do Consello de Contas de Galicia, do selo electrónico e do código seguro de verificación.

A dirección electrónica de referencia desta é https://sede.consellodecontas.es e a súa titularidade correspóndenlle á Institución no exercicio das súas competencias. O órgano responsable da xestión e seguridade da sede electrónica é a Secretaría Xeral, correspondéndolle a coordinación e supervisión da implantación de medidas xurídicas, tecnolóxicas e administrativas que se adopten para a mesma.