Vostede está aquí

Calendario oficial

O artigo 26.5 da Lei de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos, establece que cada sede electrónica na que se atope dispoñible un rexistro electrónico, determinará, atendendo ao ámbito territorial no que exerce as súas competencias o titular desta, os días que se considerarán inhábiles.

Para o relativo ao cómputo de prazos considéranse inhábiles, dentro da Comunidade autónoma de Galicia, os establecidos como festas laborais na RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2018, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.