Vostede está aquí

Presentación

A sede electrónica do Consello de Contas que se pon á súa disposición en https://sede.consellodecontas.es  é a canle  que permite interactuar por medios electrónicos, durante todos os días do ano e as 24 horas do día, con todos os departamentos de fiscalización e a Secretaría Xeral do Consello de Contas  para a presentación de solicitudes, escritos e documentación relativas aos diferentes procedementos administrativos abertos por parte destes.

Con esta iniciativa, o Consello de Contas pon a disposición dos particulares  e das entidades públicas un punto de acceso único a partir do cal xurde unha nova forma de realizar as procedementos administrativos, sen condicionantes horarios nin de espazo, coa máxima seguridade e contribuíndo a un uso máis eficiente dos recursos públicos.